O DESPACHO
Procuradorasdos tribunais en A Coruña
"Se ás persoas lles gustas, escoitarante, se confían en ti, farán negocios contigo"
Zig Ziglar
Procura y Mediación Galicia é a unión de dúas procuradoras dos tribunais: Ana González-Moro Méndez e Elena Miranda Osset, con máis de 20 anos de exercicio na profesión. Durante estes anos, a Procuraduría foi cambiando e, conscientes deste feito, decidimos agrupar forzas, coñecementos, experiencia e innovación. Desta forma podemos ofrecerche un servicio áxil e eficaz, creando un equipo con outros compañeiros e compañeiras da Procura e Abogacía para poder colaborar a nivel local, autonómico e nacional.
Entre os nosos clientes contamos coa confianza de distintas entidades financieiras, aseguradoras, empresas, particulares e concellos aos que representamos en todo tipo de procedementos xudiciais e xurisdiccións. Entre as nosas funcións, destacamos tamén a xestión de todo tipo de asuntos extraxudiciais ante Administracións e organismos públicos e privados.
Ofrecemos tamén un servicio punteiro no sector da procuraduría en España. Grazas ó noso despacho online 24 horas, e previa asignación dun código de usuario, poderás estar ó tanto dos teus expedientes dende cualqueira lugar e a cualqueira hora.
Porque procuramos a excelencia e porque o que nos move é a confianza, a túa confianza.
Grazas por elexirnos.
Procurar é a nosa paixón.
A excelencia, a nosa misión.
Mediación: unha nova vía
Son moitos os xuízos e procedementos nos que representamos ós nosos clientes durante todos estes anos, e somos conscientes de que a aplicación da lei ás veces non é suficiente e que as resolucións xudiciais non sempre resolven os problemas.
Por iso, ofrecémosche esta vía complementaria que suporá un aforro de costes temporais, emocionais e económicos. A través da intervención dun terceiro imparcial e neutral, que serve de ponte entre os teus intereses e os da outra parte, podes chegar a acordos coa mesma validez que unha sentencia xudicial.
En Procura y Mediación Galicia somos pioneras neste ámbito e estamos preparadas. Levamos varios anos mediando para distintas Institucións públicas e tamén a nivel privado. Colaboramos en distintos proxectos de mediación e participamos en equipos de mediación intraxudicial.