As nosas funcións como procuradoras dos tribunais
Como Procuradoras, ambas somos xuristas especialistas en dereito procesal e execucións.
Que fai un procurador? A nosa función é representar de forma exclusiva ós nosos clientes, sexan particulares, empresas ou entidades, ante os xulgados e tribunais. Axilizamos e supervisamos o desenvolvemento do procedemento xudicial, en todas as fases.
Colaboración en Galicia e a nivel nacional
Ofrecémosche un equipo de colaboradores en toda Galicia. Desta forma, podemos asumir os asuntos en todos os partidos xudiciais desta Comunidade coa máxima seguridade e eficacia.
Ademáis, tamén colaboramos con outros despachos de procuradores e avogados a nivel nacional facilitando substitucións na nosa cidade.
Actos de comunicación
Acortamos os tempos de tramitación da demanda. Realizamos todos os actos de comunicación persoalmente: emplazamentos, notificacións, citacións ou requerimentos (consulta o noso baremo).
Para iso, nos escritos de demanda, podedes añadir este otrosí.
Xestión de axenda
Outra das nosas funcións como procuradoras é a xestión da agenda con avisos de prazos/vencementos/sinalamentos. Realizamos demandas executivas.
Axilizamos a execución en todos os seus trámites impulsandoos sen necesidade de aviso previo do letrado.
Servizos xudiciais e extrajudiciais
- Poderes apud acta e notariais.
- Tramitación de atestados de tráfico.
- Expedientes e xestións ante Administracións Públicas, Rexistros e Organismos públicos y privados.
- Consignación en contas xudiciais. Como facer unha consignación judicial. Anexo 1. Anexo 2
- Ingresos e cobros de mandamentos e depósitos
- Cálculo de intereses.
- Presentación e tramitación presencial e telemática de solicitudes de nacionalidade por residencia.
Asesoramiento e mediación
Ofrecemos tamén asesoramento prexudicial e servizo de mediación, para buscar as mellores opcións á hora de afrontar un conflito. Tamén ofrecemos información especializada sobre profesionais en cada materia, vías alternativas e recursos públicos ou privados que poidan proceder (asistencia xurídica gratuita, servizos municipais, autonómicos e estatais, etc…).