QUENES MEDIAMOS

O Anteproxecto de lei para promover a mediación chegou para quedar e estamos á espera de que se materialice nunha nova lei de mediación. Entre as novidades que se contemplan está a obriga de asistir a unha primeira sesión informativa e tratar de resolver os conflitos civís e comerciais máis comúns, participando nun proceso de mediación antes de acudir aos tribunais.

Con esta nova norma preténdese a implantación definitiva da mediación como unha figura complementaria da Administración de xustiza, para a resolución extraxudicial de conflitos dun xeito máis áxil e cun menor custo económico e persoal para as partes.

Poñemos á súa disposición este servizo e asesoramento xudicial previo/posterior para que poida atopar a mellor opción ante un conflito. Aforrar custos financeiros, temporais e emocionais e obter un acordo que poida ter os mesmos efectos que unha resolución xudicial.

Tamén lle ofrecemos información especializada sobre profesionais de cada tema, rutas alternativas e recursos públicos ou privados que poidan proceder (asistencia xurídica gratuíta, servizos sociais e municipais, etc.).Formamos parte dun equipo con experiencia e anos de dedicación. Presentámolo: Enso mediación y gestión de conflictos S.L.

Antes de ir aos tribunais, dá unha oportunidade ao diálogo