A mediación é o noso presente

A mediación chegou para quedarse e nós estamos preparadas para atender todas as vosas necesidades. 

Somos especialistas en xestión de conflitos 

Contamos cun máster en resolución de conflitos e varios anos de experiencia mediando para institución públicas e de forma privada, así como asistindo en negociacións entre empresas e particulares. Ofrecémosche o noso bagaxe profesional nesta materia. 

 

Estamos á espera de que se materialice na futura “Ley de medidas de eficiencia procesal do Servizo Público de Xustiza” que actualmente se atopa en fase de proxecto. Entre as novedades lexislativas que se introducen, atopámonos cunha aposta polos “MASC” (Medios Alternativos de Solución de Controversias) onde a Mediación estaría chamada a ser a gran protagonista, xunto con outras opcións como a negociación, conciliación, oferta vinculante ou opinión de expertos.

 

Con esta nova norma preténdese a implantación definitiva da Mediación como figura complementaria da Administración de Xusticia, para a resolución extraxudicial de conflitos dunha forma máis áxil e cun menor coste económico e persoal para as partes. Así, no seu Título I, contémplase o uso obligatorio e previo á vía xudicial dos anteditos “MASC” como medida estrela para reducir o número de asuntos que chegan ós Tribunais. 

 

Tamén, según a exposición de motivos, serían un vehículo de participación da cidadanía no sistema de xustiza civil, onde serían protagonistas dos seus propios problemas e asumirían de forma responsable a solución máis adecuada dos mesmos, especialmente en determinados casos nos que é imprescindible buscar solucións pactadas que garanticen, no posible, a paz social e a convivencia.

 

Poñemos á túa disposición este servicio MASC e un asesoramento pre/post xudicial para que atopes a mellor opción á hora de afrontar un conflito. Aforra costes económicos, temporais e emocionais, e obtén un acordo que poida ter os mesmos efectos que unha resolución xudicial.

 

Formamos parte dun equipo con experiencia e anos de dedicación no servizo de mediación, negociación, asesoramento e conciliación.

 

Aquí che deixamos o enlace da nosa empresa específica de xestión de conflitos.

 

CTA: Enso Mediación y Gestión de Conflictos S.L. 

https://ensomediacion.es/ 

Tamén lle ofrecemos información especializada sobre profesionais de cada tema, rutas alternativas e recursos públicos ou privados que poidan proceder (asistencia xurídica gratuíta, servizos sociais e municipais, etc.).Formamos parte dun equipo con experiencia e anos de dedicación. Presentámolo: Enso mediación y gestión de conflictos S.L.

Antes de ir aos tribunais, dá unha oportunidade ao diálogo